29/01/10

fonética dialectal do idioma galego:::

A gheada é un dos fenómenos fonéticos máis coñecidos do noso idioma, consiste na pronuncia do de xeito farínxeo e en calquera contexto: amigho, ghato, aghradable. O son é moi próximo ao do de palabras inglesas coma home, have, house... pero non se corresponde co castelán jardín, mujer...

O grupo -ng- presenta gheada e hai zonas onde se converte nun son oclusivo; dominko, ankazo, especialmente na área da Costa da Morte.


Popularmente tense pensado que era unha influencia do español, cuestión que ten convertido este fenómeno nun trazo socialmente entendido coma vulgar, propio de persoas que non sabían falar ben. A día de hoxe ten a consideración de trazo dialectal presente na lingua estándar. Segundo a normativa oficial da lingua galega é un trazo que se pode empregar na lingua culta a nivel oral polas persoas que posúan este fenómeno da lingua galega.

O seseo é un trazo consistente na pronunica de [s] aqueles sons que en zona de non seseo se pronuncian como [o] (son ce; ceo). Deste xeito: saragosa, veses, des, ves, baselos, consiencia... Unha área pronúnciao en todos os contextos e outra é máis restricta e faino só ao final de sílaba: sapato, siencia, validés... para os primeiros e zapato, ciencia, validés para os segundos. O son [s] pode presentar outras formas como se ve no seguinte mapa:


O rotacismo é un trazo que consiste no paso de [s] a [r] diante de consoantes sonoras (derde, ar vacas, ar mans... no canto de desde, as vacas, as mans...). Rexístrase esporadicamente pero pódense localizar zonas onde se dá de xeito compacto: sur de Lugo, interior da provincia de Pontevedra (comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e Deza), no Bierzo e boa parte da provincia ourensá.
A aspiración do [s] é propio do occidente da provincia coruñesa así como no Val Miñor, Val de Verín, Ancares de León ou zona de Vilalba; [dehde] para a forma desde.
<>
Apalatalización do [s]: ax casax por as casas é propio da provincia coruñesa e do Morrazo.
A despalatalización deste son é propio de zonas de seseo e en xente nova.

O ceceo dáse en zonas de seseo e consiste en que o [s] avanza no punto de articulación para pronunciarse coma un ce: de faser e sinco pasamos a facer e cinco pero tamén se dá a evolución nos vocablos con; noso, saber, serpe pasan a seren pronunciados nozo, zaber, cerpe...
O vocalismo tónico na súa evolución dende o latín tamén sufriu alteración ao longo da xeografía galega, o fenómeno máis frecuente é a "metátese" que se rexistra polo contacto cunha nasal ou por influencia doutros fonemas medios, deste xeito temos resultados de varían de norte a sur e de oriente a occidente; noso, saber, serpe pasan a seren pronunciados nozo, zaber, cerpe...

O vocalismo tónico na súa evolución dende o latín tamén sufriu alteración ao longo da xeografía galega, o fenómeno máis frecuente é a "metátese" que se rexistra polo contacto cunha nasal ou por influencia doutros fonemas medios, deste xeito temos resultados de varían de norte a sur e de oriente a occidente:


























Sem comentários:

Enviar um comentário