19/05/10

O desprezo cara a outras linguas prexudica á economía británica:::


noticia publicada por LA VOZ DE GALICIA

O desprezo dos británicos cara a outros idiomas distintos do inglés é «miope» e lesivo para a economía do Reino Unido, segundo a presidenta do grupo parlamentario de linguas modernas da Cámara alta, Jean Coussins.
Nunha carta que publicou onte o diario The Times , Coussins criticou que o anterior Goberno renunciase antes das eleccións ao seu plan de converter en obrigatorias as clases de idiomas nas escolas primarias. O número de adolescentes británicos que estudan idiomas diminuíu un terzo desde o 2004, cando o Goberno converteu as linguas estranxeiras en materias optativas. A parlamentaria recordou que un terzo dos departamentos de linguas modernas das universidades británicas pecharon nos sete últimos anos, e os empresarios contratan a estranxeiros ao non atopar traballadores británicos con dominio de idiomas. «Iso de que basta co inglés é pura lenda», afirmou Coussins.

Sem comentários:

Enviar um comentário