15/02/11

SOCIOLINGUISTICA: OS PREXUÍZOS NEGATIVOS CONTRA O GALEGO:::



- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.Con que se sorprende máis?
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora? Que coñecemento ten do galego?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Cres que é coherente a súa reflexión cos seus sentimentos cara á lingua?
-Que imaxe che proxecta esta concursante?
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
-A que opción ideolóxica liga a xente nova urbana que fala en galego?
-Cres que é xeral a percepción negativa da lingua en todos os falantes?
-Que trazos dialectais considera que son "brutos"?
-A diversidade dialectal da lingua galega é apreciada como algo positivo pola concursante?

Sem comentários:

Enviar um comentário