23/03/11

ortografía, ollo coa puntuación:::


No reinado de don Carlos de Portugal, o ministro de Xustiza presentoulle ao rei o expediente de indulto dun reo sentenciado a prisión. Na marxe, o ministro puxera, como facía sempre, a súa opinión sobre o asunto, expresándoo deste xeito:
-"Perdón imposible; que cumpra a súa condena".
O rei leu a nota, e como el era partidario de conceder o indulto solicitado, borrou con moito tento o punto e coma e cambiouno de sitio, quedando a cousa así:
-"Perdón; imposible que cumpra a condena".
E a seguir, do seu puño e letra, escribiu :
"Concedido", e asinou.

Sem comentários:

Enviar um comentário